
Co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro e doutras manifestacións artísticas na provincia, a Deputación da Coruña convoca cada ano tres programas culturais, nun dos cales inclúe a maxia/o ilusionismo como opción para que os concellos e as entidades poidan beneficiarse de actuacións subvencionadas case na súa totalidade
Os espectáculos de ilusionismo están incluídos no Programa de música e teatro para grupos non profesionais, pero isto non implica que os espectáculos ofrecidos ou os artistas incluídos neste programa non o sexan, senón que é só unha diferenciación entre os artistas individuais, ou pequenos grupos, e as grandes compañías teatrais e de música.
Poden solicitar actuacións incluídas neste programa:
1. Todos os concellos da provincia da Coruña.
2. Todas as entidades sen fins de lucro da provincia da Coruña, que estean xuridicamente constituídas.
1. As actuacións débense realizar no ámbito territorial da provincia da Coruña.
2. As actuacións serán públicas e gratuítas.
3. Os concellos poderán solicitar un máximo de 5 actuacións (3 para concellos con menos de 20.000 hab.).
4. As entidades poderán solicitar un máximo dunha actuación
1. Realizar a actuación no lugar acordado.
2. Aboar os gastos de transporte e seguro do equipo, persoal, impostos e Seguridade Social.
3. Expedir facturas legais polas actuacións realizadas.
1. Proporcionar un local apropiado para a realización da actuación de xeito gratuíto.
2. Organizar a actuación velando polo seu correcto desenvolvemento, e proporcionando persoal de vixilancia de se precisar.
3. Distribuír carteis anunciadores.
4. Cubrir mediante póliza de seguro os riscos de accidente así como os de responsabilidade civil que poidan derivar da realización da actuación.
5. Realizar o pagamento antes da data límite.
A Deputación da Coruña subvencionará unha porcentaxe do cachet do artista deste xeito:
1. 30% do cachet pagarao o Concello/a entidade.
2. 70% do cachet pagarao a Deputación.
Os espectáculos incluídos nesta rede cultural son IlusionArte e Produto da túa imaxinación.
Máis información dos meus espectáculo aquí
Os prazos para solicitar actuacións mediante a Rede Cultural da Deputación da Coruña ábrense unha vez ao ano durante un par de semanas nalgún dos primeiros meses de cada ano. Nunca se sabe nin cando nin durante canto tempo se abren estes prazos, polo que hai que estar MOI atentos para non perder a oportunidade de solicitar estas actuacións subvencionadas. Se che interesa solicitar unha actuación da Rede Cultural, enche este formulario e avisareite cando se abran os seguintes prazos de solicitude.
Encontra máis información na páxina da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Tamén atoparás os modelos de solicitude, as bases e toda a información relacionada con este tema.
Se queres saber con exactitude cando comezan e rematan os prazos para solicitar actuacións mediante a Rede Cultural da Coruña, completa o formulario e aínda non ben abran estes prazos, contactarei contigo para avisarte.