magos

SOBRE MIN

Quen é o Mago Marttyn

Segundo conta a lenda, nalgún momento da década dos 80, un incerto día dun mes de decembro aconteceu algo máxico. Non se sabe se chegou cunha cegoña, ou saíu dun repolo, pero un neno abriu os seus ollos por primeira vez e viu o mundo como pouca xente o ve, mais como debería ser: fantástico. Con poucos anos, dedicouse a asombrarse por pequenas cousas desta vida. E aos seis, caeu nas súas mans algo que marcaría o seu rumbo para sempre, o seu primeiro libro de maxia. Desde entón xa non sería o único en gozar do asombro, senón que sería el mesmo o que xerase na xente esa mestura de sensacións que provoca a sorpresa, o descoñecido, o encanto; en fin, a maxia...

Aos dez anos, xa aprendía maxia co campión arxentino de ilusionismo, Mister Dany. E aos dezaseis, tivo un primeiro achegamento á maxia profesional, pero ese mesmo ano pasou de vivir en Bos Aires, Arxentina, a na Coruña, España. Alí fíxose membro da Sociedade Española de Ilusionismo (SEI) e é o actual secretario da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo (SCI).

Aos seus vinte e poucos anos, xa pertence á Asociación de Magos Profesionais de Galicia. Asistiu a incontables conferencias de recoñecidos magos de todo o mundo e fixo actuacións por todas as partes en ceas de empresa, congresos, galas, festivais, festas privadas, discotecas, colexios, etc. Tamén colaborou con coñecidas empresas como Coca Cola, Hipermercados Haley, Iberconsa, Animatium, QuieroMarcha.com, Freshh Comunicación, Gauloises, 100 Pipers, Jameson, Havana Club, Ballantine’s, Beefeater...

Non é curta a carreira que leva en tan pouco tempo e, polo visto, seguirá estendéndose, xa que a súa vida e a maxia están fundidas co único obxectivo de conseguir ilusionar a todos os que gocen con iso.

Estás disposto a gozar? Gústache ilusionarte? Entón verémonos...