IlusionArte é o espectáculo estrela do Mago Marttyn, leva con el desde os seus comezos e non hai xeito de separalos, xa que a onde van sementan ilusión e volven cun éxito. Cada ano, o espectáculo renóvase e perfecciónase para que o público goce cada vez máis da arte da ilusión.
DURACIÓN: 1 hora.
PÚBLICO: FamiliarEste espectáculo está deseñado para se poder adaptar á maioría dos espazos, xa que inclúe megafonía, panos de fondo para delimitar o espazo escénico e non precisa de condicións especiais de iluminación. Está incluído na Rede Cultural da Deputación da Coruña, Cultura Vai TitiriMaxia, Cultura Vai Verán, Rede galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas.